![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/category_backgrounds_mobile/0b5449d48e844d62b19a1cf8e75d9bb3.png)
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/titles/d6bcc647174c4c7e9599c353bc644f4e.png)
Dúas voces atlánticas, Xavier Díaz e Guillerme Fernández, e mil cancións por descubrir. Nesta goleta feliz no seu balanceo, soan vellas cancións case esquecidas e outras novas provenientes de illas descoñecidas. Aboian no acuario peixes que falan de cinema, de músicas, de novelas ou de roteiros gardados como viaxes imposibles nos seus cadernos de bitácora... A guitarra e a voz desexando celebrar o silencio da noite, nos vosos tés, no faladoiro insomne ou entre somnolentas mantas. A maxia da radio como o misterio dos mares calmos, descoñecidos, profundos... E vós? Iniciamos a travesía?