Dende o Ulla, Baiuca ten a fórmula musical para conquistar o mundo: folclore, enxebrismo e electrónica

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Baiuca

Os vikingos son teimudos, desembarcan en Catoira cada verán, pero tiñamos preparada a vinganza. Dende o Ulla, Baiuca ten a fórmula musical para conquistar o mundo: folclore, enxebrismo e electrónica. Álex Guillán (Baiuca) visita a Consellería do Ritmo para falar da súa carreira, dende os inicios ata os seus traballos fundamentais entre 2018 e 2021: “Solpor”, “Misturas” e “Embruxo”. Tito Lesende conversa neste capítulo cun dos embaixadores da música moderna galega, cunha incidencia millonaria en plataformas dixitais e experiencia en Europa, Marrocos ou México.