Miguel de la Cierva

Miguel de la Cierva defínese como músico frustrado, hostaleiro chapuceiro e bicho raro, pero especializado en propiciar situacións desexables

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Miguel de la Cierva

Miguel de la Cierva defínese como músico frustrado, hostaleiro chapuceiro e bicho raro, pero especializado en propiciar situacións desexables. Ovella negra da súa familia (á que pertencen o inventor do autoxiro, un ministro e un tío que gañou un Oscar de Hollywood), hai case tres décadas colleu un local en estado ruinoso, o Náutico de San Vicente, e aos poucos foino convertendo na meca do turismo musical galego. No último capítulo da temporada da Consellería do Ritmo, Tito Lesende trasládase ao Náutico para falar con Miguel de la Cierva da historia deste proxecto, do seu anecdotario e da nova residencia de artistas.