Secho

Sergio Castiñeiras leva algo máis dunha década funcionando; primeiro como Secho & Los Invisibles e agora debutando como Secho, a secas.

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Secho

Sergio Castiñeiras leva algo máis dunha década funcionando; primeiro como Secho & Los Invisibles e agora debutando como Secho, a secas. O seu disco "Recuperar" (2021) caracterízase por cadencias repousadas, temas que descansan sempre en guitarras acústicas e letras en galego, accesibles pero moi particulares. Un pop de autor tecido cunha instrumentación fina e coidada. A Consellería do Ritmo recibe a Secho para falar dun dos traballos máis aqueladiños xurdidos durante a pandemia.