The Soul Jacket

A Consellería do Ritmo recibe a The Soul Jacket, unha banda formada entre Vigo e o Val Miñor

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

The Soul Jacket

A Consellería do Ritmo recibe a The Soul Jacket, esa banda formada entre Vigo e o Val Miñor pero que mesmo parece orixinaria de Mississippi ou de Alabama. Este sexteto viste o seu rock con chaqueta de soul e gran parte dese carácter débese a Toño López, cantante magnífico e ademais boa xente. Toño representa a The Soul Jacket e visita a Consellería para conversar con Tito Lesende sobre as súas influencias, as primeiras actuacións no colexio ou a súa teima por mirar os compoñentes dos alimentos procesados, pero tamén sobre o seu quinto disco, "Let me stand", publicado este 2021.