Allova

A Consellería do Ritmo recibe a visita de Allova para falar da súa historia; unha ollada diferente á escena musical galega.

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Allova

A rusa Alla Mikhaylova comezou formándose como música clásica en Cheliábinsk, conectou co pop electrónico en San Petersburgo, especializouse en Madrid e, en 2018, xa establecida na Coruña, lanzou o seu proxecto Allova. "Hope and despair", o seu primeiro disco, editouse este mesmo ano e bebe da influencia do trip-hop dos anos 90, cunha produción sofisticada e un ambiente ás veces escuro, outras veces non tanto, pero sempre hipnótico. A Consellería do Ritmo recibe a visita de Allova para falar da súa historia; unha ollada diferente á escena musical galega.