Adrián Costa

Adrián Costa foi un neno prodixio a quen se podía ver tocando a guitarra e cantando polos bares de Compostela cando tiña 13 anos.

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Adrián Costa

Adrián Costa foi un neno prodixio a quen se podía ver tocando a guitarra e cantando polos bares de Compostela cando tiña 13 anos. Daquela formou a Red Blues Band co seu colega Marcos Coll, mestre da harmónica, con quen máis tarde montaría Los Reyes del KO. Co paso do tempo, Adrián fixo xiras tocando con músicos tan importantes como Mick Taylor (Rolling Stones) ou Buddy Miles (Jimi Hendrix). A través das súas aventuras profesionais, viviu e traballou durante moitos anos en Madrid, Berlín e California, pero agora regresou a Santiago de Compostela e dende aquí defende algúns proxectos gozosísimos: The Criers, Los Saxos del Averno ou o supergrupo Combo Paradiso, entre outros. É un gusto para a Consellería do Ritmo recibir a Adrián Costa, instrumentista con clase, home de mundo e xefe das músicas modernas de raíz negra.