Verto

O dúo Verto é un dos proxectos máis interesantes da última fornada do pop galego.

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Verto

O dúo Verto é un dos proxectos máis interesantes da última fornada do pop galego. Trátase da proposta de dous estudantes de Medicina: un santiagués, Fer Peleteiro; e un pontevedrés, Berto Mira. Ao pouco de debutar como galegofalantes, estes millennials xuntáronse para trasladar ao noso código a escola do pop internacional. Agora, Verto visita a Consellería do Ritmo cando o seu repertorio anda xa polo millón e medio de escoitas dixitais.